xrandr, traballando con dous monitores (parte 2)

Meses atrás escribira un artigo contando a configuración que fixera para traballar con dous monitores á vez. Ata hoxe foime fantástico, sempre rulou e nunca trabucou. Porén, a raíz dun comentario reclamando unha interface gráfica e comprobando que o amigo Claudio xa emprega unha, decidín retomar a cuestión e facer unha pesquisa máis en profundidade. Atopei un execelente documento wiki e outro de Debian así como unhas cantas aplicacións gráficas:
  • grandr (dispoñible nos repositorios Ubuntu),
  • ARandR (moi sinxelo e eficaz),
  • gnome-randr-applet (un engadido opcional que podes pór nun panel),
  • PyRandR (semella que con desenvolvemento paralizado desde 2006),
  • un mellorable displayconfig-gtk de Ubuntu (o seu autor advirte que o Xrandr da erros con algún hardware… porén, creo que segue sendo inestable a propia interface e pouco intuitivo)
  • e mailo URandR (interface python, aínda moi pouco desenvolvida, versión alpha).
Recomendo non facer probas co compiz activado. Creo que probar o grandr deixoume sen teclas maiúsculas (non activaba as shift) que puiden arranxar reiniciando compiz e mailo GTK-window-decorator.

Plan du site