Expertos en Redes Sociais?

Publicado el : 18 julio 20182 tiempo de lectura mínimo

Asombra o elevado número de expertos en Redes Sociais que pululan polos medios de comunicación, eventos, centros de formación empresarial e outros entes adoutrinando sobre posicionamento nas redes ou pautas seguras de comportamento. Fálannos de portais famosos, da importancia de ter un bo lote de seguidores ou do coidado que debemos ter cos nosos datos. E é que as Redes Sociais están na portada dos medios e motivan candentes debates tras decatarse da súa existencia a poboación xeral, especialmente por mor das revoltas árabes ou o 15-M.

Identifícase rede social con grupos de persoas tras uns equipos informáticos conectados a Internet que se comunican a través das plataformas de moda. Esquécese que antes mesmo dos PCs (Computadores Persoais), artefactos orixinalmente illados, deconectados entre si nunha non tan remota época do «meu PC» cos «meusdocumentos«, xa existían as redes sociais en Internet. Óbviase aos auténticos percursores destas Redes Sociais Dixitais, persoas expertas (con experiencia) que xa colaboraban en Internet aínda antes do nacemento das tres ‘W’ (aínda non existía a web) deseñando e articulando vías para desenvolver proxectos colaborativamente. Esquécese que as Redes Sociais existían antes de Internet. Óbviase o concepto orixinal de Rede Social e, en sentido estrito, sexamos humildes e admitamos que as redes sociais danse tamén en formigueiros ou colmeas, onde o conxunto prevalece sobre a individualidade.

Se xa sabemos o que é Rede Social, como é posible recibir unha publicidade con este texto? «Las redes sociales, ese fenómeno nacido en Internet hace apenas 5 años (…)«.

Como é posible que a conclusión dun recente evento sexa «Cuando algo es gratis en la red, el coste son nuestros datos«?

Seguir lendo »

Plan du site